Thursday 02 de May de 2024

Camariñas acollerá o 17 de xaneiro a xornada ‘A administración preto de ti’


· Os asistentes recibirán información sobre os trámites que poden realizar desde o seu domicilio, ensinaráselles a facer as xestións de forma dixital e poderán obter o certificado electrónico.

· É necesario inscribirse previamente no ADL de Camariñas, de xeito presencial na Casa de Pedra, no correo adl@camarinas.net ou no teléfono 981 737 004.

· A formación será impartida pola Subdelegación do Goberno da Coruña e é unha iniciativa do Ministerio de Política Territorial.

O Concello de Camariñas acollerá o 17 de xaneiro de 2023 a xornada ‘A administración preto de ti’, unha iniciativa do Ministerio de Política Territorial do Goberno de España que pretende asesorar á cidadanía sobre os trámites dixitais e onde os asistentes poderán obter o seu certificado electrónico.

Este programa, que terá lugar ás 11:30 horas na aula de informática do Centro de Iniciativas, é gratuíto será impartido por persoal da Subdelegación do Goberno da Coruña. Para asistir é necesario anotarse na Área de Emprego e Desenvolvemento Local de Camariñas, no teléfono 981 737 004, de xeito presencial na Casa de Pedra ou no correo electrónico adl@camarinas.net.

Achegaranse trámites da administración pública para aprender a realizalos na Internet e facilitarase que as persoas asistentes obteña un certificado electrónico, concretamente o que expide Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, para o acceso aos servizos públicos sen desprazamentos.